domingo, 1 de mayo de 2016

TAREFA 4: "Personaxes idolatrados segundo Grazas Pola Aportación"

   O principal atractivo deste traballo é que fomos nós mesmos quenes tivemos que escoller a temática do mesmo e deste xeito o traballo de documentación, ao ser dun tema que nos gusta, foi moito máis doado. O máis difícil deste traballo foi crear o guión e elaborar nós mesmos as pautas, pois non estabamos acostumados a facelo. Por outra banda, é interesane que sexamos nós os que avaliemos o traballo do resto da clase mais tampouco é sinxelo valorar o traballo dos demais e tamén requerirá un esforzo.


 É IMPRESCINDIBLE REVISAR A ENTRADA ANTERIOR
(Propostas, Motivos da Elección e Plantilla da TAREFA 4)


Grazas Pola Aportación

Javier Suárez Pena - Aitor Ramos Soto - Xiana Rey Martínez - Manu López Reija - Jose Santiago Molinos

3 comentarios:

  1. Traballo interesante. Boa organización co mapa conceptual claro, usable e que funcionan todos os enlaces. Funciona como un menú de navegación claro e preciso.
    En canto ao contido. Algunhas matizacións e puntualizacións que agardo que servan para futuros experimentos:
    Na ficha, a nominación non é o personaxe, é da película. Ficha algo confusa (faltaría director, ano e novela ou texto orixinal), o creador a quen se refire, así como os premios ou nominacións? Títulos película, en cursiva. Quizáis falta unha introdución á película e os personaxes, para logo centrarse no elexido (a trama da película, antes do personaxe, pero habería que completala. Guionista e director son importantes). Precísase un contexto, que sería a paisaxe da película. Citas non claras aínda que sexan da película, o que require situar a cita no tempo da película, xa que só se fala da personaxe en cuestión. Escea relevante, por que? Só polo diálogo, non hai outros elementos que incidan na relevancia?

    ResponderEliminar
  2. A bibliografía sí presenta problemas:
    Tyler Durden (Brad Pitt. El club de la lucha)
    Bibliografía (problemas): Primeira referencia non funciona. El club de la lucha, non ben. Hai que referenciar a película dende a dirección ou dende o protagonista, redactando os elementos para recoñecer a película. AlohaCriticón non funciona. Whitney, E. (2014, 5 de noviembre). El club de la lucha... El Huffington Post. Recuperado de URL. Cal é a utilidade de Fight Club Gifs e filmaffinity? Non alfabetizadas. Non está correcta.
    Tom Hansen (Joseph Gordon-Levitt, 500 días juntos)
    Bibliografía: Filmaffinity, non está ben. Idos de la mente hai autoría Guillermo Guerrero e non é fonte especialista. ¿Pinterest? ¿La Higuera, sinopses? González Ambriz, M. Revista Cinefagia (mal). Tan, B. (2011, 11 de agosto). Character Study: Tom Hansen. HalfBlacked. Recuperado de URL. As datas hai que poñer todo (2014, 23 de mayo) e os títulos van en cursiva os dos libros; nas revistas/xornais vai en cursiva o sitio, non os títulos. Propes, R. The Independent Critic. Willis (2012, 10 de enero). Título (redonda). BelmontVision (cursiva). Recuperado de. Non están correctas e non están alfabetizadas.
    Ari Gold (Jeremy Piven, Entourage)
    Bibliografía: 2 fontes? Apelidos, N. (data completa). Título (redonda). El Parnasillo. Recuperado de. Vaya Tele non funciona.
    Tyron Lannister (Peter Dinklage. Juego de Tronos)
    Bibliografía: ¿los siete reinos, para que serviu? ¿wikia e wikipedia? ¿Retrieved significa recuperado?
    Willi Wonka (Johnny Depp. Charlie y la fábrica de chocolate)
    Bibliografía: 3 fontes, ¿la higuera, sinopse? Matapaz Mata, P. (2005, 12 de agosto). Johnny Depp actor... Diario de Córdoba. Recuperado de URL. ¿Claqueta, que tipo de fonte, quen é autoría?

    ResponderEliminar
  3. As infografías non están mal, pero en 2 casos, non parecen, xa que son carteis de películas. E uns se fixaron na personaxe e outros no actor, así que hai certas contradicións.

    ResponderEliminar