martes, 3 de mayo de 2016

VALORACIÓN DO RESTO DOS BLOGS segundo Grazas Pola Aportación


Grazas Pola Aportación despídese...

"Desgrazadamente, é a nosa última entrada, un pracer compartir con todas e todos vós esta materia."

Javier Suárez Pena - Aitor Ramos Soto - Xiana Rey Martínez - Manu López Reija - Jose Santiago Molinos

AXENDA de interese segundo Grazas Pola Aportación



AXENDA.pdf

Grazas Pola Aportación

Javier Suárez Pena - Aitor Ramos Soto - Xiana Rey Martínez - Manu López Reija - Jose Santiago Molinos

domingo, 1 de mayo de 2016

TAREFA 4: "Personaxes idolatrados segundo Grazas Pola Aportación"

   O principal atractivo deste traballo é que fomos nós mesmos quenes tivemos que escoller a temática do mesmo e deste xeito o traballo de documentación, ao ser dun tema que nos gusta, foi moito máis doado. O máis difícil deste traballo foi crear o guión e elaborar nós mesmos as pautas, pois non estabamos acostumados a facelo. Por outra banda, é interesane que sexamos nós os que avaliemos o traballo do resto da clase mais tampouco é sinxelo valorar o traballo dos demais e tamén requerirá un esforzo.


 É IMPRESCINDIBLE REVISAR A ENTRADA ANTERIOR
(Propostas, Motivos da Elección e Plantilla da TAREFA 4)


Grazas Pola Aportación

Javier Suárez Pena - Aitor Ramos Soto - Xiana Rey Martínez - Manu López Reija - Jose Santiago Molinos

martes, 26 de abril de 2016

Propostas, Motivos da Elección e Plantilla da TAREFA 4

Propostas:

-Industria do porno.
-Youtubers.
-Comedia española.
-Actor/actriz que nos guste a cada un.
-Festival Woodstock.
-Magos na historia do cine.

 De todas as opcións que propuxemos desde o noso grupo, o tema final que escollemos foi:
"Personaxes idolatrados segundo Grazas Pola Aportación".


Motivos da Elección:

· Por que escollemos este tema e non o resto?
 -"Grazas Pola Aportación" descartou a primeira opción "Industria do porno", porque de tanto indagar non avanzaríamos nada e este tema non agradaría a todo o público.
 - A opción dos "Youtubers", "Comedia española" e "Festival Woodstock" descartámolas porque non lle interesaba este tema a todas e todos os integrantes do blog.
- A elección do tema final resultou de xuntar a idea dos "Magos na historia do cine" co "Actor/actriz que nos gustase a cada un". Pero non só foi isto, xa que coa colaboración da nosa mestra, mesturamos as dúas opcións e en troques de usar só actores ou actrices que fieran papeis no referido á maxia, o resultado final foi personaxes idolatrados segundo as e os integrantes do grupo.


Grazas Pola Aportación

Javier Suárez Pena - Aitor Ramos Soto - Xiana Rey Martínez - Manu López Reija - Jose Santiago Molinos

domingo, 10 de abril de 2016

TAREFA 3: "Traballando con Fotografías" (Traballo e Memoria)

Traballo: TAREFA 3.pdf

MEMORIA:

   Pareceunos un traballo moi entretido e no que puxemos en práctica os contidos da asignatura. Unha actividade interesante que nos permitiu profundizar no coñecemento da fotografía, aportándonos coñecementos sobre o modelo de análise fotográfico dende o punto de vista da documentación.

  Creemos que se poderían distribuir as fotografías entre todos os grupos de xeito que todas elas foran obxecto de análise e así podamos acceder á información de cada unha nos blogs dos e das compañeiras. Por outra banda, alégranos ver que se escoita ó alumnado á hora de escoller traballos e que non sempre son imposicións do mestre ou mestra.

Grazas Pola Aportación

Javier Suárez Pena - Aitor Ramos Soto - Xiana Rey Martínez - Manu López Reija - Jose Santiago Molinos

miércoles, 16 de marzo de 2016

TAREFA 2: "Le Jeu De La Mort" (Traballo e Memoria)

Traballo: TAREFA 2.pdf

  MEMORIA:

   Pareceunos moi interesante o tema que se tratou no documental, esa dimensión psicolóxica entre os individuos e o poder. É sorprendente o feito de como a conduta humana pode modificarse como consecuencia da autoridade, e tamén é sorprendete os experimentos que se realizaron no século pasado. 

  Como reflexión sobre o documental, temos que dicir que deberíamos comezar a pensar por nós mesmos e tomar as nosas propias decisións, con máis razón nos países desenvolvidos, onde os cidadáns foron educados e poden diferenciar perfectamente o que é un comportamento cívico e de respecto ao próximo.

   Facendo esta nova tarefa notamos unha melloría á hora de levala a cabo, nótase que o grupo cada vez está máis compaxinado. Pero non nos debemos confiar e temos que intentar facer as tarefas con máis rapidez, claridade e calidade.

  Practicar o aprendido dos manuais de citas, saber crear un mapa conceptual, distribuir equitativamente tempo e traballo e, sobre todo, correxir erros anteriores e intentar mellorar foron as nosas principais metas. 

Grazas Pola Aportación

Javier Suárez Pena - Aitor Ramos Soto - Xiana Rey Martínez - Manu López Reija - Jose Santiago Molinos