miércoles, 16 de marzo de 2016

TAREFA 2: "Le Jeu De La Mort" (Traballo e Memoria)

Traballo: TAREFA 2.pdf

  MEMORIA:

   Pareceunos moi interesante o tema que se tratou no documental, esa dimensión psicolóxica entre os individuos e o poder. É sorprendente o feito de como a conduta humana pode modificarse como consecuencia da autoridade, e tamén é sorprendete os experimentos que se realizaron no século pasado. 

  Como reflexión sobre o documental, temos que dicir que deberíamos comezar a pensar por nós mesmos e tomar as nosas propias decisións, con máis razón nos países desenvolvidos, onde os cidadáns foron educados e poden diferenciar perfectamente o que é un comportamento cívico e de respecto ao próximo.

   Facendo esta nova tarefa notamos unha melloría á hora de levala a cabo, nótase que o grupo cada vez está máis compaxinado. Pero non nos debemos confiar e temos que intentar facer as tarefas con máis rapidez, claridade e calidade.

  Practicar o aprendido dos manuais de citas, saber crear un mapa conceptual, distribuir equitativamente tempo e traballo e, sobre todo, correxir erros anteriores e intentar mellorar foron as nosas principais metas. 

Grazas Pola Aportación

Javier Suárez Pena - Aitor Ramos Soto - Xiana Rey Martínez - Manu López Reija - Jose Santiago Molinos

7 comentarios:

  1. Hai que cambiar jou por jeu (juego). Grazas

    ResponderEliminar
  2. Moi ben polos obxectivos. E espero que se consigan.

    ResponderEliminar
  3. Falta identificar o manual de estilo usado na bibliografía.

    ResponderEliminar
  4. Por certo, ben a cabeceira do blog. Conseguida

    ResponderEliminar
  5. Está ben, hai un índice, hai imaxes que axudan a completar o texto, pero as imaxes tamén requiren fonte. Bó uso da aplicación mindomo, incluso con enlaces, moi efectivo. Nas fontes faltan personalidades investigadoras que están nos títulos de crédito. Incluso Tonelli falaba no documental. Cal é o problema, non se sabe en que consiste o documental, non sabemos nada do concurso, das regras do xogo, dos examinadores, do que pasa ao longo desas 2 horas. El Juego de la muerte es un documental pero descoñecemos en que consiste. Faltan os datos, falta a alusión as descargas, falta revisar o comportamento dos examinadores... Descoñecemos en que consiste a representación do experimento. De aí, que o mapa conceptual tamén orixine algunhas dúbidas. Non hai nin unha soa cita cando son asuntos algo especializados.

    ResponderEliminar
  6. Nos arquivos, o importante era buscar película, falar de Getty Images e de BBC e CNN fontes de imaxes e ver que ofrecen. E na bibliografía, imaxino que é APA, hai pequenos problemas que tendes que ter en conta:
    Non se usa a negrita nas referencias bibliográficas. Úsase a sangría francesa e non se usa o punto e coma. Os títulos soen ir en cursiva si non aparece o sitio. Si se nomea o sitio, entón o nome da publicación vai en cursiva.
    Emilie, A: non vai o enlace, e Current Biology (errata) é o sitio?
    Explorable.com (2008, 6 de febrero)
    Christophe Nick (7 marzo 2016). En Wikipédia, L’encyclopédie libre. Recuperado de URL.
    Fundación is+D, non vai a URL
    Lacort (2015, 7 de abril). El experimento de Milgram: ¿Hasta dónde hubieses llegado tú? Hipertextual. Recuperado de:
    López, I. y Rendueles, C. (2009). Libertad, poder y asilo de la ignorancia. Entrevista con Jean-Léon Beauvois. Minerva, 11. Recuperado de:
    Gala (2015). Tania Young. Recuperado de:
    Mediavilla, D. (2016, 23 de febrero). Seguir órdenes nos hace... El País. Recuperado de
    Milgram, S. (2005). Los peligros de la obediencia. Polis. Revista Latinoamericana, 11. Recuperado de:
    (2003, 8 de octubre). The Guardian (cursiva)
    Rodríguez, A. (2015, 8 de septiembre). El efecto espectador. Hipertextual. Recuperado de
    Maville. Saint-Malo. (2009, 9 de noviembre). Le Malouin Alaín-Michel... Recuperado de:
    Sánchez, E. Non vai a URL
    Triglia (s.f.). Título. Psicología y Mente. Recuperado de

    ResponderEliminar
  7. Avisade cando teñades as infografías

    ResponderEliminar