jueves, 25 de febrero de 2016

TAREFA 1: "Traballando con fontes diversas" (Traballo e Memoria)


Traballo: TAREFA 1. pdf

  MEMORIA:

  Como fortalezas e conclusións levadas a cabo despois de realizar este traballo de investigación, gustaríanos destacar a boa organización para sacar adiante esta tarefa. Pareceunos entretida aínda que ás veces un pouco tediosa e liosa, pero por non ter atopado algunha información con facilidade.

   A pesar de ser un traballo tedioso, é algo que precisamos manexar para desenvolver calquera traballo no futuro. Seleccionar a información, comprobar que concordara cos criterios propostos previamente e logo facer todo o traballo de redactar unha bibliografía, costa traballo, pero o resultado pode ser gratificante.

  No caso dos filmes máis taquilleros ter que consultar múltiples listas, de anos diversos, nos que nos atopamos con moitísimas películas diferentes e nas cales, ás veces, mesmo os datos non son os mesmos en todas o que provoca que un traballo a priori sinxelo se volva moi traballoso e lento. Outro inconvite é a cantidade de información que hai que desmesurar co número de películas que se estrean cada ano e provocan que sexa moi complicado escoller cales meter na lista, por exemplo.

  Tamén atopamos problemas na búsqueda de datos específicos para a elaboración das fichas técnicas dos filmes anteriores a 1985 e algúns destes non logramos atopalos, e outros non podemos contrastalos.

  Para rematar, temos que dicir que nesta tarefa faltounos profundizar algo máis nalgún dos exercicios propostos, xa que todos eles eran bastante similares e gustaríanos ter feito menos exercicios. Así, centrándonos máis nalgún contido concreto, sería mellor ter feito só dous exercicios con máis contido.

Grazas Pola Aportación

Javier Suárez Pena - Aitor Ramos Soto - Xiana Rey Martínez - Manu López Reija - Jose Santiago Molinos

2 comentarios:

  1. Está ben a vosa reflexión. Tratábase de que fora complexo e para nada doado. E o tedio combátese con máis traballo. Grazas

    ResponderEliminar
  2. Películas taquilleiras: de acordo, curiosamente non hai moitas coincidencias entre os grupos. Podería terse incluídas imaxes.
    Espectadores: datos globais, ben, que poderían estar nunha táboa para unha mellor organización. E sería moito máis informativo si incorporaramos o número de películas por nacionalidades. Hai que ir un pouco máis alá, para conseguir ofrecer unha información clara. A orde de aparición das nacionalidades é alfabética ou por outra razón.
    Oscar e España: completa. Con algunha imaxe, máis visual e unha presentación máis atractiva.
    Listas. Criterios, claros, aínda que non se definen na descrición dos personaxes.
    Televisión: non era exactamente programas e series. E que importancia tiveron. E algunhas delas onde se viron, son de dominio público. Incompleto.
    Cómic: Moore, DC? Que innovadores valores psicolóxico e que aportou de novedoso? De onde é, cantos anos ten. Miller, sus personaxes eran ou son, en que ano recibiu a Palma de Oro, de onde é, cantos anos ten, de que ano é o cómic. Son pequenas biografías para situar nun contexto xeográfico-temporal ao autor e situar as características do seu traballo. E estamos en documentación, e as datas das cousas publicadas son de interese. Davila fai cómic ou humor gráfico? Hernández, rompe temática do momento introducindo realismo máxico, en que momento, cal é a temática e que significa o realismo máxico (etiqueta do boom novela latinoamericana). Os parágrafos deberían ser máis ou menos da mesma extensión. Tampouco estaría mal algunha imaxe, dos autores ou dos textos. Incompleto.
    Videoxogos: pero cuantos seguidores? En dúas liñas damos a información para saber realmente quen son esas persoas, cal é a súa relevancia. Brevik reducido a 10 palabras? Incompleto.
    Cine: non eran actores e directores expresamente, poderían ser productores ou guionistas? Van Sant, importancia por traballar con determinados actores, isto é a súa relevancia? Hitchcock e Welles escápanse do periodo fixado. Incompleto.
    Fotografía: Salgado: 9 palabras. Por qué son importantes, que aportaron á fotografía? Incompleto.
    Estratexia: tiña que ir por apartados coas palabras clave, co buscador, coa fonte orixinal e a URL. Tal como aparecía no exemplo. Desta estratexia desprenderíase a bibliografía usada. Non, ao revés. Polo que non se ve con claridade o proceso de busca.
    Bibliografía (non sei manual estilo): tiña que ser global, non por apartados. Non Boletín, si Anuario e por qué está en inglés. Taquilla y espectadores, de que tempo, hai que ofrecer os datos que usamos. As fontes do 3º exercicio non están redactadas igual que 1º e 2º.
    Premios de Cine. “Españoles en los...”. Oscars 2016...
    Efe. “Guillermo del Tor...”. El Mundo, 13 julio 2006...
    Non entendo o uso de Fernández Casanova? As fichas técnicas non fai falta identificalas na bibliografía. Hai que revisar os apuntes sobre citas e bibliografía. Url de Fructuoso non vai. Os sitios soen ir en cursiva e van separados do título por un punto. Cal foi o uso de lainformacion.com e Ivana Barquero. E cal foi o uso do libro de Matamoros? Non hai Ministerio de Cultura. Tavernier, non se entende. O que si parece é que estas fontes son exactamente as de E se nos documentamos, do apartado os oscars españoles, e aparecen as mesmas erratas. Non entendo a bibliografía do apartado do cómic e o resto. Non están ordenadas alfabeticamente. Non están correctas.

    ResponderEliminar