viernes, 12 de febrero de 2016

Conclusión sobre os artigos do xornal: "La Región"


 Estes dous artigos falan da situación política en España e teorizan sobre quen será o futuro presidente. Os dous periodistas concordan en que de formarse un goberno tal e como están os partidos despois das eleccións, este sería bastante inestable. No artigo de Pilar Cernuda,
a crítica recae no PSOE así como na figura de Pedro Sánchez. Pola outra banda, Xabier R. Blanco tamén critica á figura de Pedro Sánchez, pero este tamén pon de manifesta a diea de celebrar outras eleccións, agardando outro resultado mediante o cal sairía un partido escollido con maioría absoluta.

  Un indicador común de ambos artigos é o ton pesimista en relación á posible investidura de Pedro Sánchez, aínda que en ambos se propoñen alternativas diferentes. O certo é que ningún dos columnistas propón argumentos de peso máis alá dos ideolóxicos e semella que a súa única intención é a de convencer ós lectores das súas ideas infundadas mediante a crítica, na meirande parte dos casos completamente gratuita, e expoñen esas ideas como se de palabras máxicas se tratasen e como se eles mesmos foran os mesías do ansiado goberno.

   Empregan un rexistro coloquial para que, en teoría, sexa máis convincente, cando en realidade non terían que convencer de nada, senón aportar algo diferente, argumentado e comprobado, porque para ler xuízos de valor chega con manter unha conversa con calquera persoa.



Grazas Pola Aportación
  
Javier Suárez Pena - Aitor Ramos Soto - Xiana Rey Martínez - Manu López Reija - Jose Santiago Molinos

No hay comentarios:

Publicar un comentario