lunes, 8 de febrero de 2016

Artigos de opinión sobre a presidencia actual en España


ARTIGO 1 - XAVIER R. BLANCO: "Más cerca de las elecciones, al menos"

IDEA: 
   Este primeiro artigo que escollemos trata o proceso de investidura do novo presidente do Goberno. Baséase na dificultade que teñen os distintos partidos políticos para escoller un novo presidente debido as distintas ideloxías e proxectos de goberno. O futuro inmediato non é prometedor,
xa que non se disipa un consenso para escoller candidato.
CALES SON OS PUNTOS PRINCIPAIS E COMO O ARGUMENTA?
  O punto principal é a elección do candidato a presidente. O autor arguméntase dende o marco da dificultade porque aínda que nos fala do líder dos socialistas (Pedro Sánchez) sae escollido para o intento, remata diagnosticando que está abocado o fracaso.Tamén nos da as pistas das posibles alianzas de goberno, pero sempre cunha visión negativa. Problemas de entendemento entre a esquerda e a dereita. Para rematar fai unha mención de como afecta isto a Galicia, onde o presidente (Feijoo) non convocará eleccións ata que remate o proceso de investidura.
EXPONSE O ARTIGO DE FORMA AXEITADA? Pódese dicir que o texto é adecuado posto que está escrito en linguaxe coloquial e polo tanto é comprensible para tódolos lectores e así pódese chegar a toda a población, polo tanto queda claro a mensaxe que se quere transmitir.

ARTIGO 2 - PILAR CERNUDA: "Situación endemoniada para Pedro Sánchez"

IDEA
  O segundo artigo que seleccionamos ten ao PSOE (Partido Socialista Obreiro Español) como centro da súa crítica. A autora dinos que pese a que a Pedro Sánchez estea como candidato á presidencia do Goberno, non conseguirá o seu obxectivo, e se o consegue non vai poder ser un Goberno estable.
CALES SON OS PUNTOS PRINCIPAIS E COMO O ARGUMENTA?
  A autora despois de expoñer o tema da súa crítica sérvese de catro puntos: primeiro trata as posibles formas de que Pedro Sánchez poda formar goberno; en segundo lugar, Pilar di que a pesar da positividade que amosou o secretario do PSOE viuse cortada por un comunicado de Pablo Iglesias, e que Sánchez pensa que ten o control do novo Goberno pero en realidade non. Por último, a autora opina que o único Goberno estable sería o confomado por: PP, PSOE e Ciudadanos. Remata dicindo que ata que non estalle un dos partidos que a situación final de quen será presidente non se poderá saber.
EXPONSE O ARTIGO DE FORMA AXEITADA? 
  Tendo en conta que é un artigo de opinión, e non unha noticia, está claro que si que se expón de forma correcta. Repite bastante o apelido do secretario xeral do PSOE, xa que o artigo trata sobre el, pero baixo a nosa opinión creemos que podían empregarse outras palabras: secretario xeral, candidato á presedencia do goberno, representante, etc. do PSOE. 
· Link do artigo

                                                                                                                                                                        Grazas Pola Aportación.


Javier Suárez Pena - Aitor Ramos Soto - Xiana Rey Martínez - Manu López Reija - Jose Santiago Molinos

No hay comentarios:

Publicar un comentario